O rol dos partidos emerxentes na formación e composición dos executivos autonómicos (2015-2019)

Santiago Delgado Fernández
https://orcid.org/0000-0002-8213-2415
Resumo

Este artigo ten por obxecto coñecer como repercutiu a irrupción dos partidos emerxentes da denominada “nova política” na formación e composición dos gobernos autonómicos constituídos entre 2015 e 2019. Os cambios que experimentaron os sistemas de partidos autonómicos con participación de formacións como Ciudadanos (Cs), Podemos-Unidas Podemos (UP) e as súas confluencias e, máis recentemente Vox, viñeron acompañados dun incremento da dificultade para superar as respectivas investiduras e para, despois, compor os executivos. Non obstante, a diferenza do acontecido na formación do Goberno da Nación, no ámbito autonómico non se deron situacións significativas de bloqueo, ensaiándose distintas solucións que foron desde os pactos de investidura, pasando polos acordos parlamentarios, ata os gobernos de coalición.

Detalles do artigo

Palabras chave:
Nova política, partidos emerxentes, formación de goberno, gobernabilidade, coalicións, gobernos autonómicos