Unidade Militar de Emerxencias (UME): Reflexións xurídicas sobre a defensa ambiental de España
Contido principal do artigo
Publicada: Xuñ 1, 2020
Número: Vol. 14 Núm. 2 (2019)
Resumo
A UME, Unidade Militar de Emerxencias, é un órgano que está ao servizo do cidadán nos temas de alta necesidade como inundacións, incendios forestais, nevadas e situacións de especial gravidade. É unha unidade que, grazas á alta preparación dos seus membros, ten unha aceptación plena por parte dos cidadáns. Nos últimos anos, debido ao alto índice de queimas forestais que se producen en Galicia, os expertos sinalan que sería conveniente que a UME puidese contar cunha base de operacións na bisbarra ourensá da Limia.
Detalles do artigo
Palabras chave:
UME, defensa, medio ambiente, preparación e especialización militar, seguridade pública, seguridade universal