Evidencias acerca da relación entre a posición socioeconómica e a saúde, e a súa importancia para a intervención
Contido principal do artigo
Publicada: Mar 25, 2006
Número: Vol. 1 Núm. 3 (2006)
Resumo
Acceso universal ao sistema sanitario nos países desenvolvidos consegue aminorar as consecuencias das enfermidades, pero non pode evitar a aparición de moitos problemas de saúde, en cuxa orixe as circunstancias sociais e económicas teñen un papel importante. Numerosos estudos amosan que as diferenzas socioeconómicas na exposición a circunstancias materiais adversas, nas condutas de risco para a saúde ou nos factores psicosociais ao longo da vida son algúns dos factores que explican as desigualdades socioeconómicas na saúde. Eses estudos sobre as causas das desigualdades na saúde contrastan coa ausencia de evidencia acerca das intervencións para a súa redución.
Detalles do artigo
Palabras chave:
posición socioeconómica, mortalidade, desigualdades socioeconómicas na saúde, intervencións baseadas na evidencia, intervencións para reducir as desigualdades na saúde