A constitucionalidade do novo sistema de execución das resolucións do Tribunal Constitucional segundo as SSTC 185/2016, do 3 de novembro, e 215/2016, do 15 de decembro

Francisco Manuel García Costa

Contido principal do artigo

Publicada: Mar 25, 2017
Resumo

Neste traballo analízanse a STC 185/2016, do 3 de novembro, e a STC 215/2016, do 15 de decembro, que avalan a constitucionalidade da regulación dos poderes de execución do Tribunal Constitucional introducida pola Lei orgánica 15/2015, do 16 de outubro, de reforma da Lei orgánica 2/1979, do 3 de outubro, do Tribunal Constitucional, para a execución das resolucións do Tribunal Constitucional como garantía do Estado de dereito. Tras examinar o contido e a circunstancia da elaboración desta lei, presidida polo denominado “procés constituent a Catalunya”, concluímos que a finalidade do novo sistema de execución de resolucións é incorporar o alto tribunal á defensa.

Detalles do artigo

Palabras chave:
Constitución, Tribunal Constitucional, poderes de execución, defensa extraordinaria da Constitución.