Fundamentos e tramitación do procedemento arbitral de transportes

Pablo Amenedo Bermúdez

Contido principal do artigo

Publicada: Mar 25, 2017
Resumo

Este traballo ten como finalidade plasmar dun xeito sistemático e didáctico os fundamentos e as diferentes fases que conforman a tramitación dunha reclamación sometida á arbitraxe de transportes como vía de resolución extraxudicial de conflitos. A multitude de normas que dan forma a este procedemento dificultan extremadamente a súa comprensión polos potenciais usuarios deste tipo de reclamacións (particulares alleos ao mundo do transporte en moitas ocasións), de modo que, con esta análise procedemental, se pretende facer accesible e comprensible para todos os cidadáns un procedemento clave no ámbito das controversias mercantís derivadas dos contratos de transporte terrestre.

Detalles do artigo

Palabras chave:
arbitraxe, procedemento, controversia, transportes, reclamación, vista, laudo.