De Al Qaeda a Daesh: Siria como escenario da loita pola hexemonía do novo xihadismo global

Nour Al-Hussen Villa

Contido principal do artigo

Publicada: Mar 25, 2017
Resumo

O conflito sirio materializou a evolución do que se entende por “xihadismo global” desde 1988. O pulso polo equilibrio rexional e a loita de intereses entre múltiples potencias facilitou a diversificación dos bandos belixerantes e a aparición dunha insurxencia xihadista. Lonxe de ser monolítica, esta amosa claras diferenzas en canto a medios e obxectivos a medio e longo prazo. Mentres que Al Qaeda perde a súa hexemonía, capacidade de conquista territorial e coordinación, Daesh foi capaz de establecer un protoestado co fin de lexitimarse, controlar socialmente a poboación e alcanzar unha autonomía financeira.

Detalles do artigo

Palabras chave:
xihadismo global, Al Qaeda, AQI, Daesh, Al Nusra, Siria.