Símbolos relixiosos e deber de neutralidade estatal: o suposto dos crucifixos nas aulas como escusa para aproximarse á relación entre relixión e Estado

María M. Pardo López

Contido principal do artigo

Publicada: Mar 25, 2009
Resumo

A relación entre relixión e Poder Público —ou confesións relixiosas e Estado, como se prefira— non é unha cuestión de resposta sinxela. Durante séculos representou un problema social e político. Na actualidade segue a ser un dos temas máis espiñosos ao que lexisladores e tribunais deben enfrontarse. A xurisprudencia do Tribunal Supremo dos Estados Unidos resulta extremadamente clarificadora do camiño que outros países poderían seguir, como é o caso de España, dado que o devandito tribunal estivo afrontando durante décadas esa cuestión, guiado sempre polo principio de libre elección e o deber de neutralidade estatal. 

Detalles do artigo

Palabras chave:
Liberdade relixiosa, poder público, deber de neutralidade estatal, crucifixos en escolas públicas, xustiza constitucional, xurisprudencia norteamericana sobre liberdade relixiosa,Lemon Test