O desprazamento da comunicación polas tecnoloxías da inmediatez: o caso de México

Carola García Calderon

Contido principal do artigo

Publicada: Mar 25, 2010
Resumo

As tecnoloxías da información e comunicación (TIC) están a cobrar un papel de crecente importancia nas sociedades contemporáneas; o seu desenvolvemento a nivel mundial reflicte as diferenzas entre as economías dos países desenvolvidos e as do Terceiro Mundo, dando lugar a unha brecha que non é só dixital, senón que expresa tamén unha fonda desigualdade económica. Neste artigo analízase como as TIC están impactando en México e póñense de manifesto as contradicións entre o desenvolvemento tecnolóxico ao alcance dos grupos sociais, próximos ás sociedades desenvolvidas e proclives a imitar o modelo dos Estados Unidos de Norteamérica.

Detalles do artigo

Palabras chave:
Tecnoloxías de información, comunicación, inmediatez, vida cotiá, participación política