Oportunidades da crise. Debate sobre reestruturación da administración territorial

Roman Rodriguez Gonzalez

Contido principal do artigo

Publicada: Mar 25, 2011
Resumo

A situación de crise actual abriu un debate sobre a oportunidade de acometer procesos de reestruturación na organización da administración territorial do conxunto do Estado. Diferentes actores políticos, empresariais ou sociais formulan a oportunidade de acometer procesos de reestruturación da base administrativa local, creación de novos órganos de gobernanza, supresión ou reestruturación profunda das institucións provinciais, etc. Un dos debates recorrentes neste escenario é o relativo á oportunidade de fusionar ou agregar concellos, co fin de reducir o seu número e adecualos á actual estrutura territorial, e de lograr un modelo de xestión pública máis eficaz e eficiente. 

Detalles do artigo

Palabras chave:
administración territorial, fusión de concellos, supramunicipalismo.