A protección dos cidadáns fronte aos danos causados por infraccións á libre competencia
Contido principal do artigo
Publicada: Mar 26, 2018
Número: Vol. 13 Núm. 1 (2018)
Resumo
Este traballo fai unha aproximación ás principais novidades introducidas no ordenamento español polo Real decreto lei 9/2017, polo que se traspón en España a Directiva de danos por infraccións á libre competencia. A transposición da Directiva de danos ten por obxecto facilitarlles aos particulares un mecanismo efectivo para reclamar fronte ás empresas polos danos que directa ou indirectamente puidesen sufrir como resultado dos comportamentos anticompetitivos desenvolvidos por aquelas. Asemade, o traballo analiza os aspectos problemáticos do exercicio da acción privada no dereito da competencia e a súa convivencia coa acción pública que corresponde ás autoridades de competencia.
Detalles do artigo
Palabras chave:
Defensa da competencia, libre competencia, interese público, interese privado, danos, resarcimento de danos.