O sistema electoral autonómico en Asturias: análise e alternativas
Contido principal do artigo
Publicada: Mar 29, 2013
Número: Vol. 8 Núm. 1 (2013)
Resumo
O sistema electoral empregado para a elección dos deputados do parlamento rexional de Asturias é similar ao utilizado nas eleccións xerais en España, aínda que non produce desequilibrios tan notables e persistentes como este. Porén, este sistema caracterizado por unha distribución territorial do voto asimétrica, pode dar lugar a que o partido máis votado obteña menos representantes que o segundo, como aconteceu nas últimas eleccións autonómicas en 2011. O motivo é a acusada diferenza no número de escanos que se elixen en cada unha das tres circunscricións electorais independentes. Canto máis se concentren os votos dun partido nas circunscricións máis pequenas, maior é a súa sobre representación en escanos, e á inversa.
Detalles do artigo
Palabras chave:
Sistema electoral, proporcionalidade, reparto bi-proporcional, voto preferencial