Plan estratéxico para a área de formación para o emprego da Comunidade Autónoma de Galicia

María Jesús Budiño Rodríguez
Ángeles Lestón Mayo
Jesús Sanjurjo Paz
Paz Andrade Suárez
Fernando Veiga Aguiar

Contido principal do artigo

Publicada: Mar 30, 2014
Resumo

O obxectivo deste traballo é planificar a actuación da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia na área de formación para o emprego con dúas referencias ineludibles, os cambios normativos e a situación económica actual, que implican un aumento das necesidades de cualificación e recualificación profesional, que deben ser atendidas cunha importante minoración dos recursos dispoñibles. Previa á proposta de mellora e á definición dos obxectivos xerais elaborouse o diagnóstico estratéxico a partir do estudo da normativa e da opinión dos actores implicados.

Detalles do artigo

Palabras chave:
plan estratéxico, formación para o emprego, Administración pública, Galicia, certificación profesional