Xénero e emprego nos debates políticos italianos 1995-2007: a construción de suxeitos de xénero «non empregados»

Emanuela Lombardo
MARIA SANGIULIANO

Contido principal do artigo

Publicada: Mar 31, 2008
Resumo

Neste artigo analízase o desenvolvemento do tema de «xénero e non emprego» nos debates políticos italianos desde 1995 ata o 2007. Co termo «xénero e non emprego» referímonos a como as políticas de emprego tratan determinadas categorías de cidadáns e cidadás como lexitimamente «non empregados» e cales son as implicacións de xénero destes supostos. As preguntas das que partimos son as seguintes: cales foron os temas máis candentes no debate político italiano na área de «xénero e non emprego»? Cales foron os principais axentes domésticos e internacionais que tiveron unha influencia nestes debates? Que categorías de suxeitos se constrúen nas políticas sobre xénero e «non emprego»?

Detalles do artigo

Palabras chave:
políticas de xénero en Italia, políticas de emprego, conciliación vida familiar e laboral, traballo doméstico, benestar social