Consello de Contas de Galicia: fomento da integridade desde o control interno das entidades públicas

María Begoña Villaverde Gómez
Resumo

Partindo das razóns para a elección do Consello de Contas para realizar as funcións da prevención da corrupción fronte a outros órganos, quérese explicar neste traballo a estratexia elixida para o desenvolvemento destas novas funcións, baseada nun marco dinámico en que as políticas de integridade se mostran como eixe central ao que se xunta a experiencia fiscalizadora deste órgano de control externo, conxugando a aplicación do modelo COSO e as propias normas internacionais de auditoría, á vez que se presentan os primeiros avances realizados.

Detalles do artigo

Palabras chave:
Integridade, Corrupción, Control interno, Riscos, Plans de prevención de riscos, Auditoría pública