Cara a unha reforma federal da Constitución

Antonio Pérez Miras

Contido principal do artigo

Publicada: Jun 12, 2020
Resumo

Neste artigo realízase unha reflexión acerca do modelo territorial máis idóneo para España e proponse adoptar un sistema federal como afondamento nas experiencias do Estado autonómico. Partindo da rica diversidade española, e baixo as premisas do federalismo como reforzamento do pluralismo democrático, obsérvase a evolución do proceso autonómico iniciado ao abeiro do marco normativo do título VIII. Testemuñada a necesidade da súa actualización e atendendo aos graves problemas territoriais aos cales España se enfronta, o autor conclúe coa necesidade dun federalismo igualitario que impregne o texto constitucional mediante unha reforma que deixe constancia da evolución do Estado autonómico.

Detalles do artigo

Palabras chave:
Federalismo, reforma constitucional, estado autonómico, comunidades autónomas