Novidades da Lei 9/2017 en materia de contratación electrónica: razóns dunha decepción

Eduardo Gamero Casado

Contido principal do artigo

Publicada: Mar 21, 2018
Resumo

Tanto as directivas da cuarta xeración como a exposición de motivos da LCSP concédenlle unha grande importancia á contratación electrónica. Non obstante, o réxime que esta materia recibiu na nova lei é moi decepcionante, reproducindo a desafortunada sistemática de 2007 e relegando as principais normas na materia a unhas escasamente visibles disposicións adicionais (15.ª a 17.ª), deficientemente engarzadas no réxime xeral da Administración electrónica establecido nas leis 39 e 40/2015. O seu principal erro é imporlles a contratación electrónica a todos os operadores (públicos e privados) desde a entrada en vigor da lei, sen artellar solucións para os graves problemas presentes na materia.

Detalles do artigo

Palabras chave:
Contratación pública, Administración electrónica, contratación electrónica, perfil do contratante, plataformas de contratación, catálogos electrónicos.