Reforma xurídico-administrativa, procedemento electrónico e Administración local Análise da incidencia das recentes transformacións nas bases do procedemento administrativo español sobre o réxime local

Andrés Boix Palop
Resumo

Este traballo aspira a identificar os elementos do funcionamento do procedemento administrativo español que, na súa conformación actual tras as reformas dos últimos anos máis afectaron ao funcionamento das administracións locais. En concreto, identificaranse aqueles elementos que, malia operarse unha reforma, son no fondo manifestación dunha clara continuidade co modelo tradicional e xa consolidado, por unha banda, así como, por outra, cales son as novidades máis importantes efectivamente operadas coa reforma. Adicionalmente, preténdese explicar como se relacionan estas transformacións con outros cambios previos e posteriores á reforma do procedemento que están a transformar as bases do noso procedemento administrativo e do réxime xurídico básico das administracións locais españolas (transparencia, protección de datos, reforma local...). 

Detalles do artigo

Palabras chave:
Procedemento administrativo;, entes locais;, autonomía local;, procedemento electrónico;, recentralización;