Solucións cooperativas ante a (condicionada) disxuntiva entre a xestión directa ou indirecta dos servizos públicos locais

Lorenzo Mellado Ruíz

Contido principal do artigo

Publicada: Mar 22, 2018
Resumo

O obxecto deste estudo é analizar a viabilidade funcional das técnicas de colaboración administrativa para a xestión dos servizos públicos locais. Ante a disxuntiva entre as fórmulas de xestión directa ou indirecta, e os intensos condicionamentos actuais das actividades locais de prestación, a xestión colaborativa preséntase como unha opción eficiente e asumible, nun contexto de incerteza adicional a causa dos procesos actuais de reasunción da xestión por parte das entidades locais, no caso de moitos dos servizos locais obrigatorios. O dereito europeo admite, así, a colaboración non contractual entre administracións, cumprindo determinados requisitos, pero cómpre un recoñecemento e un desenvolvemento específicos na normativa sobre réxime local

Detalles do artigo

Palabras chave:
Xestión de servizos públicos, Administración relacional, relacións colaborativas, reinternalización de servizos, instrumentos de colaboración territorial.