As políticas de fomento das administracións públicas ante a despoboación e o reto demográfico. Especial referencia á Administración local

Juan Marquina Fuentes
Resumo

Esta nota pretende difundir algunhas das políticas de fomento que se están a levar a cabo desde as nosas administracións públicas, con referencia especial ás entidades locais, para facer fronte á despoboación e á crise demográfica, que afecta a determinadas zonas do noso país. Formulado o debate nos ditos termos, exporanse algunhas das políticas de fomento máis relevantes e realizarase unha valoración destas, finalizando cunha breve reflexión sobre o estado actual desta cuestión, que pode cualificarse xa como un auténtico reto para as pequenas e medianas entidades locais, e para moitas das deputacións provinciais.

Detalles do artigo

Palabras chave:
Despoboación, reto demográfico, rural, Administración local