A Lei 9/2017, de contratos do sector público, desde a perspectiva da Administración local. Especial referencia ás disposicións adicionais segunda e terceira

Juan Marquina Fuentes

Contido principal do artigo

Publicada: Mar 21, 2018
Resumo

Esta nota pretende analizar a regulación contida na nova Lei 9/2017 de contratos do sector público, desde o punto de vista da Administración local. Para iso, e nunha primeira parte deste estudo, realizaremos unha análise e unha valoración da localización dos preceptos relativos ás entidades locais na lei, para seguir cunha mención e cun exame das disposicións que, ao longo do texto da norma, se refiren expresamente a estes entes. A continuación, e nunha segunda parte, intentaremos descompor con maior grao de detalle as previsións contidas nas disposicións adicionais segunda e terceira, que é onde se recollen as competencias e as normas específicas aplicables á Administración local

Detalles do artigo

Palabras chave:
LCSP, contratos, Administración local, concello, deputación.