A evolución da lexislación do sector eléctrico en España: da publificación á liberalización do servizo. Efectos e consecuencias para as empresas, o Goberno e os usuarios

Casto Pérez de Arévalo Trillo-Figueroa
Resumo

A enerxía eléctrica converteuse nun medio indispensable para o desenvolvemento da sociedade actual, derivando en importantes repercusións, científicas, políticas, ambientais e económicas, o que motivou unha especial atención por parte do lexislador, ao ter que actualizar constantemente a normativa para ir adaptándoa ás diferentes vicisitudes que se foron xerando, co obxectivo de ofrecer garantías de calidade, eficiencia e seguridade na subministración.


En España este proceso tivo un especial desenvolvemento que o diferenciou doutros países da contorna (como Francia, Italia ou Inglaterra) pola intervención tanto das administracións públicas como dos axentes privados, o que levou a desenvolver diversas fórmulas xurídicas que harmonizasen esta dobre participación.

Detalles do artigo

Palabras chave
Sector eléctrico, regulación, evolución lexislativa, reforma enerxética