Reflexións sobre a avaliación da normativa de compra pública Unha realidade factible ou un desiderátum inalcanzable?
Contido principal do artigo
Publicada: Xul 28, 2020
Páxinas: 147-162
Número: Núm. 59 (2020)
Resumo
A sociedade do big data, da análise e tratamento da información imprégnase en todos os sectores de actividade. Un sector público moderno non pode quedar atrás neste relativamente novo xeito de facer as cousas.
Tradicionalmente, o lexislador tanto europeo como nacional prestoulle grande atención ao aspecto procedemental da compra pública, regulando de forma máis liviá os aspectos da gobernanza. Non obstante, a Lei de contratos do sector público contén un título completo destinado á gobernanza na compra pública, no cal se regulan distintos elementos de avaliación do sistema.
Este traballo constitúe asemade un exame e unha reflexión sobre as posibilidades da avaliación da normativa de compra pública.
Detalles do artigo
Palabras chave:
Avaliación, eficiencia, datos, estratexia e compra pública