Ideas forza en clave xurídica para a captación dos fondos europeos de recuperación: Next Generation EU
Contido principal do artigo
Publicada: Xul 14, 2021
Número: Núm. 61 (2021)
Resumo
O Consello Europeo aprobou o 21 de xullo de 2020 a creación do programa Next Generation EU, o maior instrumento de estímulo económico financiado pola UE, en resposta á crise sen precedentes causada polo coronavirus. Para poder acollerse, os Estados membros deben presentar plans nacionais en que se definan programas de actuación co obxectivo de intensificar o potencial de crecemento, a creación de emprego e a resiliencia económica e social, así como de acelerar as transicións ecolóxica e dixital. Estos fondos son unha especie de “luz ao final do túnel” que nos permite manter certa esperanza no noso futuro como país.
Detalles do artigo
Palabras chave:
Fondos europeos de recuperación, fondos Next Generation EU, Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, mecanismos de control, transparencia e integridade, xestión preventiva de riscos para detectar e evitar irregularidades, fraude, conflitos de intereses e dobre financiamento nos fondos europeos
Artigos máis leídos do mesmo autor/a