Entidades de certificación, entidades de colaboración e simplificación administrativa en Galicia

Alejandro Ramón Antelo Martínez
Resumo

As entidades de certificación de conformidade municipal, creadas pola Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia, a prol do mandato de simplificación de procedementos contido na Directiva de servizos da Unión Europea, experimentaron cambios substanciais a partir da aprobación da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, a cal, pola súa vez, crea as entidades de colaboración ambiental. A ambas as dúas entidades dedica o seu obxecto este estudo, con atención aos seus antecedentes e á situación actual.

Detalles do artigo

Palabras chave:
Simplificación de procedementos, actividades empresariais, entidades certificadoras, entidades colaboradoras