O protagonismo dos principios xerais no Código italiano de contratos públicos

Maria de los Angeles Fernandez Scagliusi
Resumo

Sete anos despois da aprobación do Decreto lexislativo número 50, do 18 de abril de 2016, Italia promulgou un novo código de contratación pública: o Decreto lexislativo número 36, do 31 de marzo de 2023. O código destaca tanto polo seu contido innovador como polo seu proceso de aprobación particular. Este estudo pretende analizar un dos cambios máis importantes incorporados pola norma: a inclusión do catálogo de principios xerais que deben guiar a contratación pública e o comportamento dos que operan no sector, prestando especial atención á función que cumpre cada un deles e como deben relacionarse entre si.

Detalles do artigo

Palabras chave:
contratos públicos, reforma normativa, principios xerais, simplificación, dixitalización