A lingua galega no Estatuto de autonomía de Castela e León

Esther Seijas Villadangos
Resumo

Este ensaio aborda a recepción estatutaria da lingua galega no Estatuto de autonomía de Castela e León. Para iso, procédese a redefinir o marco teórico sobre o que se constrúe a regulación do patrimonio lingüístico dunha comunidade autónoma, evidenciando a importancia dun novo referente como é a extraterritorialidade, fronte á tradicional exixencia de radicación na respectiva comunidade autónoma. Analizaranse as dúas repercusións máis latentes deste, descritas a partir da tensión entre autonomismo cooperativo versus autonomismo competitivo

Detalles do artigo

Palabras chave:
Lingua galega, leonés, Estatuto de autonomía de Castela e León, Plans Provinciais de Cooperación