A fiscalidade das entidades cooperativas trala lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia

Ignacio Fernández Fernández
Mª Milagros Sieiro Constenla

Contido principal do artigo

Publicada: Mar 21, 2001
Resumo

Pódese afirmar que o mandato contido no artigo 129.2 da Constitución española, en virtude do cal se lles ordena ós poderes públicos que fomenten, mediante unha lexislación adecuada, as sociedades cooperativas, aínda cando non efectúa unha referencia expresa a medidas de índole tributario, constitúe o primeiro e principal fundamento para a configuración legal dun réxime fiscal especial para este tipo de entidades.

Detalles do artigo

Palabras chave:
fiscalidade das entidades cooperativas, Galicia, constitución española, lexislación,réxime fiscal