Aequitas praefertum rigori: a galeguidade e os seus símbolos
Main Article Content
Abstract
Resulta coñecida a transcendencia que a doutrina máis reputada (R. Smendl) lles atribuíu ós símbolos dentro do que denominou «integración real» das organizacións políticas. Trataríase de fenómenos que significan participación dos individuos nun contido de valores estatais ou encarnados no Estado. No caso galego son varios os aspectos simbólicos que o ordenamento xurídico de Galicia toma en conta e que superan con moito os tradicionais símbolos identificativos (bandeira, escudo e himno)
Article Details
Issue
Section
Comments and Chronicles