Xornadas sobre o silencio administrativo e a notificación dos actos administrativos

María del Carmen Silva López

Main Article Content

Published: Mar 21, 2002
Abstract

A relación que ó abeiro do acto administrativo se establece entre a Administración pública e o administrado vén a constituír un dos aspectos de maior relevancia no quefacer cotián dunha sociedade. Para a Administración pública o acto administrativo configúrase como o instrumento mediante o que expresa a súa vontade e lle permite cumpri-las diversas funcións que ten atribuídas. Para o administrado, representa o fundamental vehículo da súa relación coa Administración, a través do cal vai experimentar beneficios ou inconvenientes na súa situación xurídica, nos seus dereitos e intereses.

Article Details

Keywords:
silencio administrativo, notificación actos administrativos, administración pública