Acerca do réxime económico matrimonial no dereito civil galego

María José Bravo Bosch

Main Article Content

Published: Mar 22, 2011
Abstract

A lei de Dereito Civil de Galicia contén a regulación legal do réxime económico matrimonial. Consta de tres capítulos, o primeiro deles dedicado ás disposicións xerais, o segundo ás capitulacións matrimoniais, e un terceiro e derradeiro capítulo que regula as doazóns por razón de matrimonio. No presente traballo analízase cada un deles por separado para unha mellor análise da regulación contida na lei 2/2006, comezando polo artigo 171: “O réxime económico matrimonial será o convido polos cónxuxes en capitulacións matrimoniais. En defecto de convenio ou ineficacia do mesmo, o réxime será a sociedade de gananciais”.

Article Details

Keywords:
dereito civil galego, matrimonio, réxime patrimonial, capitulacións, doazóns