A dixitalización procedemental como imperativo fito tecnolóxico e normativo da modernización da xustiza

José Manuel Ramírez Sineiro

Main Article Content

Published: Mar 22, 2011
Abstract

A dixitalización é a pedra de base sobre a que se debería acometer a reforma material dos órganos xurisdicionais da Administración de Xustiza de España e, en particular, das súas correspondentes oficinas xudiciais, xa que semellante pauta de innovación tecnolóxica non consiste soamente no masivo “escaneado” do soporte documental contido nos arquivos xudiciais senón en contar tamén con buscadores avanzados de segunda xeración que permitan a busca instantánea e interconectada da dispersa información obrante non só nos xulgados e tribunais senón nas diferentes Administracións públicas (ministerios de Xustiza; Interior; Facenda, etc..), tanto mediante pautas de rastrexo de texto coma de imaxes.

Article Details

Keywords:
dixitalización, “escaneado”, “buscadores avanzados”, “buscadores araña”, retardo estrutural, dixitalización procedemental e interactiva, dixitalización procedemental e xeneralizada.