A impugnación indirecta dos instrumentos de planeamento urbanístico: a eliminación do dereito ao recurso

José Ángel Oreiro Romar

Main Article Content

Published: Mar 23, 2012
Abstract

No presente artigo pretendemos analizar como as vicisitudes procesuais dun determinado asunto poden dar lugar á desaparición da segunda instancia procesual fronte a disposicións de carácter xeral, en función da vía que se utilice para a súa impugnación. Esta situación determina que un Plan Xeral poida chegar ou non a ser analizado nunha segunda instancia casacional, en función de si foi impugnado por vía directa ou indirecta. O presente artigo non se limita a analizar os sucesivos pronunciamentos xurisdicionais que dan lugar á conclusión final do Tribunal Supremo, senón que valora negativamente esta conclusión considerándoa inexplicable desde a perspectiva do dereito a tutela xudicial efectiva (art. 24 da CE) na súa vertente do dereito de acceso aos recursos legalmente previstos.

Article Details

Keywords:
impugnación, Plan Xeral, pronunciamentos xurisdicionais, Tribunal Supremo