Cuestións xurídicas sobre o Sahara occidental (Libre determinación, condición de Estado e nacionalidade da súa poboación)

Daniel González Uriel

Contido principal do artigo

Publicada: Mar 23, 2013
Resumo

O obxecto do presente artigo é analizar tres aspectos concretos do Sahara occidental: o dereito de libre determinación, a sucesión dos Estados e a nacionalidade da súa poboación. Dado que o proceso descolonizador non se pode considerar finalizado, continúa sendo un tema de actualidade o estudo destes elementos, onde aparecen tres niveis de tratamento que afectan e vinculan: a territorialidade, a universalidade (a xeopolítica) e a identidade. Ao mesmo tempo, debemos atender aos vínculos existentes entre España e o Sahara occidental, polo que non nos pode resulta indiferente a solución deste conflito. Metodoloxicamente analízanse: o contexto histórico, as características descritivas, o Dereito Comparado e o marco xurídico internacional, coa finalidade de destacar os aspectos esenciais das referidas institucións.

Detalles do artigo

Palabras chave:
autodeterminación; descolonización; Estado; pobo; recoñecemento; nacionalidade.