Núcleos de identidade do litoral e áreas de recualificación

Pablo Martínez Rodríguez

Contido principal do artigo

Publicada: Mar 23, 2013
Resumo

O presente traballo, pretende ser unha aproximación ás dúas estratexias “extremas” definidas polo POL para o tratamento e corrección do modelo de asentamento caracterizado na costa como Núcleos de identidade do litoral e Ámbitos de recualificación respectivamente. Comézase poñendo en contexto os instrumentos de ordenación do territorio galego. Indágase nas orixes de ambos os dous conceptos nas DOT para, posteriormente, afondar no tratamento que se lles dá no POL. Lévase a cabo unha hipótese teórica da aplicación das determinacións que, para ambos os dous modos ou estratexias, establece o POL en relación á lexislación urbanística vixente (LOUGA) e unha mínima análise de como se están a levar á práctica nos Plans Xerais.

Detalles do artigo

Palabras chave:
núcleo de identidade do litoral; área de recualificación; sistema de asentamentos; Plan de Ordenación do Litoral; litoral galego; desenvolvemento sostible.