As fontes do dereito parlamentario galego

Xosé A. Sarmiento Méndez

Main Article Content

Published: Mar 23, 1999
Abstract

O achegamento á análise das fontes do dereito parlamentario galego supón partir da constatación de que estas superan o estricto ámbito do regulamento da Cámara, para asumir que este concreto sector normativo está dotado dunha flexibilidade propia que o dota de certa complexidade e autonomía. Esta flexibilidade maniféstase no plano fáctico, por canto os cambios do dereito aplicable no lexislativo autonómico son moi importantes pola práctica do desenvolvemento dos debates, xa que creban en ocasións de maneira manifesta a xerarquía normativa.

Article Details

Keywords:
Consello de Contas, Cía. da Radio Televisión de Galicia