A última reforma da Administración periférica do Estado francés (2007‑2012): análise e comparación co modelo español

Marta Mª Vázquez Sanjurjo

Main Article Content

Published: Mar 23, 2013
Abstract

Coa Revolución Francesa xurdiu en Francia un modelo de organización territorial do Estado baseado no centralismo e a profesionalización: o modelo prefectoral. España adoptou este modelo, pero a recorrente presenza do absolutismo impediu que a figura do gobernador civil se profesionalizase. Na actualidade, España é unha democracia consolidadea que avoga por unha definitiva profesionalización das súas autoridades periféricas. En cambio, a inicial converxencia na forma de distribución territorial do poder, en ambos os dous casos moi centralista, viuse superada en España pola consolidación do Estado autonómico. Esta circunstancia determina que os principais problemas aos que se enfrontan as Administracións periféricas de ambos os dous países cambiasen.

Article Details

Keywords:
Administración periférica, reforma administrativa, organización territorial, prefecto, revisión xeral das políticas públicas.