A reforma da Administración local, unha oportunidade perdida

Xoaquín Fernández Leiceaga

Main Article Content

Published: Mar 23, 2014
Abstract

A reforma da lexislación básica local é necesaria. A Lei Reguladora das Bases do Réxime Local ten case trinta anos de vixencia. Máis alá da introdución do réxime específico das cidades de gran poboación, permanecen incambiados aspectos estruturais decisivos, a pesar da madurez do sistema autonómico, a transformación nas pautas de localización da poboación e a actividade (urbanización e desruralización intensa, desbordamento metropolitano), con cambios tecnolóxicos e de infraestrutura que fomentan e facilitan a mobilidade e a conexión, ou a modernización da sociedade (máis servizos e de maior calidade, con participación e transparencia).

Article Details

Keywords:
reforma, lexislación, administracion local