A reforma da Administración local en España: unha alternativa financeira á crise
Main Article Content
Published: Mar 23, 2014
Issue: Vol. 1 No. 48 (2014)
Abstract
As Corporacións Locais en España exercen un papel cada vez maior na prestación dos servizos básicos, ademais de estruturar o noso sistema político, unha realidade que esixe uns crecentes recursos económicos. Isto fai necesario estabilizar as finanzas locais, sendo a tal obxecto a reestruturación da Administración Local unha alternativa ata agora non tratada. Nesta liña, o traballo presentado avalía a dispersión institucional e xeográfica da Administración Local, relacionando a poboación co goberno local paralelo e tamaño municipal. Obtendo unha medida do grao de burocracia administrativa local per cápita.
Article Details
Keywords:
Administración pública, cidadán, contribuínte, finanzas públicas, servizos públicos e reforma administrativa.