O dereito fundamental á boa administración na constitución española e na Unión Europea
Main Article Content
Published: Mar 25, 2010
Issue: Vol. 1 No. 40 (2010)
Abstract
No Estado social e democrático de dereito o cidadán ocupa unha posición central no sistema de Dereito Administrativo. Na Unión Europea, a Carta Europea dos Dereitos Fundamentais de 2000 recoñece o dereito fundamental da persoa a unha boa Administración pública. Este dereito fundamental significa, entre outras cousas, que as Autoridades Públicas deben resolver os asuntos públicos obxectivamente, con equidade e nun prazo razoable.
Article Details
Keywords:
Dereito administrativo. Posición xurídica do cidadán. Poderes. Dereitos fundamentais. Control da Administración. Motivación. Discrecionalidade.