O dereito á tutela xudicial efectiva e o recurso de amparo
Main Article Content
Published: Mar 20, 1995
Issue: Vol. 1 No. 11 (1995)
Abstract
Volver de novo ó eido do dereito, á tutela xudicial efectiva —aínda que sexa como recensor— é un reto que me vén imposto por esta monografía, ampla non tanto na súa extensión coma no seu enfoque, na que se aborda o tema do dereito á tutela xudicial dos dereitos fundamentais da persoa con tal incisión que, dando por supostas as grandes liñas da xurisprudencia constitucional, tenta unha revisión dalgún dos contidos heteroxéneos e asistemáticos fundamentalmente do artigo 24.1 da Constitución e, máis tarde, coa mesma intensidade e profundidade, do artigo 44.1 do mesmo texto constitucional.
Article Details
Keywords:
tutela xudicial, recurso de amparo, monografía, xurisprudencia