Procedemento administrativo. Relatorios do I Coloquio hispano-portugués

José Antonio Montero Vilar

Main Article Content

Published: Mar 20, 1995
Abstract

A EGAP publicou, dentro da súa colección "Xornadas e Seminarios", o volume titulado Procedimiento Administrativo. Ponencias del I Coloquio Hispano-Portugués. O libro recompila os relatorios do mencionado Coloquio. É de eloxiar, como toda obra recompiladora dun congreso, que ten a vantaxe de formula-la visión desde múltiples puntos de vista de distintos problemas obxecto do coloquio e, neste caso, visións desde a óptica de dous estados diferentes: España e Portugal. A pluralidade de autores supón unha visión dinámica da problemática do procedemento administrativo. Como contrapartida, a existencia de varios autores produce unha visión non lineal, que pode dar lugar a repeticións e a diferencias na sistemática e nivel expositivo.

Article Details

Keywords:
procedemento administrativo, xornadas e seminarios, coloquio hispano-portugués