Procedemento administrativo
Main Article Content
Published: Mar 31, 1995
Issue: Vol. 1 No. 10 (1995)
Abstract
A EGAP publicou, dentro da súa colección "Xornadas e Seminarios", o volume titulado Procedimiento Administrativo. Ponencias del I Coloquio Hispano-Portugués. O libro recompila os relatorios do mencionado Coloquio. É de eloxiar, como toda obra recompiladora dun congreso, que ten a vantaxe de formula-la visión desde múltiples puntos de vista de distintos problemas obxecto do coloquio e, neste caso, visións desde a óptica de dous estados diferentes: España e Portugal. A pluralidade de autores supón unha visión dinámica da problemática do procedemento administrativo. Como contrapartida, a existencia de varios autores produce unha visión non lineal, que pode dar lugar a repeticións e a diferencias na sistemática e nivel expositivo.
Article Details
Keywords:
procedemento, administrativo, seminarios