A incidencia da Lei de garantía da unidade de mercado no modelo de urbanismo comercial sustentable

Marina Rodríguez Beas

Main Article Content

Published: Mar 20, 2016
Abstract

Neste traballo analizamos en que medida a necesaria adaptación da lexislación en materia de ordenación dos equipamentos comerciais ás exixencias derivadas da Directiva de servizo foi aproveitada, nun primeiro momento, polo lexislador estatal e os autonómicos para facer da ordenación do territorio e a protección do medio ambiente as razóns imperiosas de interese xeral que amparaban e xustificaban a súa intervención. 

Article Details

Keywords:
urbanismo comercial, liberdade de establecemento, unidade de mercado, licenza, proporcionalidade, oportunidade, protección ambiental, competencias, sustentable.