Infraccións e sancións no dereito urbanístico Galego: unha visión xurisprudencial

Pablo González Mariñas
Javier Álvarez Barbeito

Main Article Content

Published: Mar 21, 2000
Abstract

O artigo 25.1 da C.E. establece que «ninguén pode ser condenado ou sancionado por accións ou omisións que no momento de se produciren non constitúan delicto, falta ou infracción administrativa, segundo a lexislación vixente daquela «e engade no seu parágrafo 3, en alusión ó imprescindible principio de proporcionalidade da sanción administrativa, que «a Administración civil non poderá imporier sancións que, directa ou subsidiariamente, impliquen privación de liberdade». Do contido do texto constitucional despréndese, por unha parte, unha preocupación por recoriecerlle ó administrado as máximas garantías que o ordenamento xurídico debe ofrecer e, por outra, a inexistencia de distinción entre delicto e infracción ou pena e sanción. 

Article Details

Keywords:
infraccións, sancións, dereito urbanístico galego, xurisprudencia
Most read articles by the same author(s)
1 2 3 > >>