As decisións da corte constitucional italiana en materia radiotelevisiva na década dos 80: crónica dun proceso de liberalización

Fernando Adolfo de Abel Vilela

Main Article Content

Published: Mar 21, 2002
Abstract

O réxime xurídico aplicable á actividade radiotelevisiva é unha cuestión candente nos nosos días. Neste novo século xa non se pode da-las costas a unha realidade como a dunha sociedade na que o fenómeno audiovisual xoga un papel fundamental e de crecente importancia na propia conformación do grupo. Xunto a este dato, que polo demais parece o incontestable punto de referencia, aparecen un elenco de cuestións de moi diversa índole, de entre as cales os estudiosos do dereito teñen que darlle resposta a algunhas de indubidable calado.

Article Details

Keywords:
corte constitucional italiana, materia radiotelevisiva, liberalización, réxime xurídico