Panorama de Galicia: a instrución técnica de planeamento e outros debates

Miguel Reimúndez González

Contido principal do artigo

Publicada: Mar 23, 2013
Resumo

Se a debilidade histórica do sistema urbano e da política urbanística, como resposta ao proceso de urbanización, foi determinante na definición das nosas estruturas urbanas, a actual debilidade da dinámica inmobiliaria é unha boa oportunidade para debater a introdución de novos instrumentos cos que abordar as necesidades económicas e ambientais do territorio. O artigo propón unha análise de como a planificación urbanística na segunda metade do século XX influíu na construción dos espazos urbanos contemporáneos, para logo abordar a necesaria incorporación de instrumentos menos ríxidos, máis axustados á capacidade de xestión administrativa e orientados a abordar os retos estruturais formulados hai máis de dúas décadas: a revitalización das cidades, a organización dos espazos periurbanos e a integración duns e outros

Detalles do artigo

Palabras chave:
debilidade urbana, conxestión, dispersión, planificación territorial, crise.