Sobre a revista
A REGAP ten por obxecto a difusión do coñecemento na área das Ciencias Xurídicas, particularmente do Dereito Público, especialmente galego, nas áreas de Dereito Administrativo, Dereito Constitucional e Dereito Financeiro, mediante a publicación de traballos de investigación e de estudos relacionados co ordenamento e a actividade das entidades que integran o sector público, caracterizados pola súa orixinalidade e calidade.