A Lei 2/2010, de modificación da LOUGA. Un lugar para o encontro

Román Rodríguez González

Contido principal do artigo

Publicada: Mar 23, 2012
Resumo

A lexislación urbanística de Galicia, ten experimentado nas últimas décadas un notable avance. O último chanzo ten sido a aprobación da Lei 2/2010 de medidas urxentes de modificación da LOUGA, centrada na súa meirande parte no axuste normativo respecto ó espazo rural e na reorganización das tramitacións administrativas. Nesta aportación plantéxase como se ten avanzado na fixación dun sistema de regulación para o espazo rural, especialmente para os seus asentamentos, desde a primeira normativa galega, a LASGA, ata o día de hoxe. En segundo termo, preséntanse os principais obxectivos e fundamentos desta norma. 

Detalles do artigo

Palabras chave:
Galicia, espazo rural, planificación, lexislación urbanística.