Novos retos na mobilidade xeográfica dos empregados públicos

M.ª José Feijóo Rey

Contido principal do artigo

Publicada: Mar 24, 2015
Resumo

O persoal ao servizo das administracións públicas, maioritariamente funcionario público ou contratado laboral, configura un modelo de emprego público dual. Os réximes xurídicos de ambos os dous colectivos, logo de experimentar un proceso de osmose, non han chegaron a ser idénticos. Este artigo estuda as posibilidades de implementar a mobilidade xeográfica en senllos colectivos, preferentemente no marco dun plan de ordenación de recursos humanos o cal potencia a planificación da xestión dos empregados públicos, mediante procesos de redistribución/reasignación de efectivos. A necesidade de acudir á mobilidade xeográfica, intensificouse durante a crise económica, ademais, no reto da optimización da xestión dos empregados públicos, devén unha idónea alternativa á inicial extinción contractual.

Detalles do artigo

Palabras chave:
emprego público, funcionarios públicos, contrato de traballo, mobilidade xeográfica, crise económica, retos, planificación.