Responsabilidade patrimonial da Administración xeral do Estado: un estudo da Orde SND/326/2020 do Ministerio de Sanidade, xerada como consecuencia da crise por COVID-19

Gabriele Vestri No
https://orcid.org/0000-0002-7959-0458
Resumo

Este estudo pretende analizar a estrutura da responsabilidade patrimonial da Administración estatal como consecuencia da introdución da Orde SND/326/2020 do Ministerio de Sanidade. A orde permite a fabricación de máscaras e batas cirúrxicas durante a permanencia do estado de alarma a persoas físicas e xurídicas que así o soliciten; tamén autoriza a produción de material sanitario a quen non o faga de forma profesional ou cando a súa actividade principal sexa a fabricación doutro tipo de produto. No caso de danos, a Administración Xeral do Estado asumiría a responsabilidade extracontractual. A situación parece presentar certas incongruencias ou dificultades interpretativas que ubican ás administracións involucradas no centro do debate.

Detalles do artigo

Palabras chave:
Ministerio de Sanidade, responsabilidade patrimonial da Administración, estado de alarma, material sanitario, COVID-19.